"Cando a un neno lle plantas a semente do amor, a confianza e a creatividade, estase favorecendo para que medre e se desenvolva nunha atmosfera libre, segura e feliz. A combinación destes piares co xogo fai que lle poidamos ofrecer unha aprendizaxe significativa e real nesta primeira infancia”.
Escola Infantil Agasalle

Aprender xogando?
Agasalle é un lugar onde descubrir, manipular e poder expresarse libremente, onde cativos e adultos poden participar e gozar das instalacións como parte dun proxecto educativo baseado nunha pedagoxía activa.